We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Cami​ñ​ando entre serpes

by Zënzar

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €10 EUR  or more

     

1.
A xente fala 03:10
“A XENTE FALA” A xente fala. Que será de ti? Vas quedar na casa como sigas así A xente fala, non sabe o que dicir distinta, diferente, hai xente para todo Pasan os anos, caladas, submisas Non consintas, non permitas O teu corpo, os teus dereitos Que Ninguén DECIDA POR TI! A xente mola, aínda que estea tola Hai quen debe e hai quen bebe Hai quen bebe porque debe e logo tamén deben o que beben A xente fala, a xente cala Hai xente mala, que fala por falar leriando, enredando, wasapeando sen rumbo fixo, COMA O VENTO! A xente fala, a xente cala xa estamos fartas, de pagar xa estamos fartas de apandar seremos clandestinas. Nunca máis!
2.
“CAMINHANDO ENTRE SERPES” FUN PASTO DE ANIMAIS FÓRA ALMA CAÍN RENDIDO DESANGRADO SOBRE A PEDRA FUN FERIDO POR BALAS E FRECHAS FUN AFOGADO POR CORDAS E PALABRAS CAÍN, ERGUINME MORRÍN E AMEITE CAÍN, ERGUINME VIVÍN E AMEITE FUN FENDA EN LENHA QUE ARDE ALIMENTEIME SÓ DE AUGA E AIRE MATEI PANTASMAS DE ESTACAS E CRUCES ESQUECÍN O NORTE CAMINHANDO, CAMINHANDO ENTRE SERPES CAÍN, ERGUINME MORRÍN E AMEITE CAÍN, ERGUINME VIVÍN E AMEITE ROUBEI FROITA DE PROHIBIDAS MACEIRAS CANTEI CANCIÓNS SONHANDO CON ESTRELAS TOQUEI PUNK ROCK DE ARÍNS A CERCEDA RESUCITEI CADA NOITE, BAIXANDO A ESCALEIRA CAÍN, ERGUINME MORRÍN E AMEITE CAÍN, ERGUINME VIVÍN E AMEITE
3.
“NADA QUE PERDER” VINTE CAMIÑAR SOBRE AS ONDAS DO MAR SEMPRE TES CONSELLOS PARA QUEN QUEIRA ESCOITAR VIN COMO VOLVÍAS, EN TRES DIAS DA MORTE COMO TE AFASTABAS, DOS QUE TE QUERÍAN, VINTE RESPONDER, LOITAR, REACCIONAR MOTIVANDO ÓS MORTOS A PODER ESPERTAR, VIN COMO TE ENFRONTABAS ÓS SERVOS DO PODER, PARA QUE DUNHA VEZ, DEIXARAN DE FODER! NON TEÑO NADA QUE PERDER NON TEÑO NADA, QUE PERDER NON MIRES ATRÁS, LEVA O BO CONTIGO PEDRAS NO CAMIÑO DENDE RAPARIGO, DEIXARSE LEVAR NON É BOA IDEA REMATARÁS BAILANDO COA MAIS FEA FAITE RESPECTAR, TES QUE LEMBRARTE QUEN DORME CON NENOS, MEXADO ESPERTARÁ NON HAI CARTOS, NON HAI TRABALLO TES GANAS DE MANDAR TODO PARA O CARALLO! NON TEÑO NADA QUE PERDER NON TEÑO NADA, QUE PERDER
4.
“TIRA PARA DIANTE” ATÉ QUE O CORPO AGUANTE TIRA PARA DIANTE ATÉ QUE O CORPO AGUANTE TIRA PARA DIANTE MALIA QUE A XENTE SE ESPANTE TIRA PARA DIANTE CANTAS NOITES A SUDAR MOITA XENTE Á QUE LEMBRAR E CAMIÑO POR ANDAR RESPECTADE SEMPRE ÓS DEMÁIS BERRAR CONTRA A INXUSTIZA TROPEZAR NA MESMA PEDRA SUBIMOS E BAIXAMOS AÍNDA NON CANSAMOS ATÉ QUE O CORPO AGUANTE TIRA PARA DIANTE ATÉ QUE O CORPO AGUANTE TIRA PARA DIANTE MALIA QUE A XENTE SE ESPANTE TIRA PARA DIANTE AXITANDO A CONCIENCIA MOLLADOS EN SUOR A ALMA VENDIDA AO DEMO, O DEMO DO ROCKANROLL PASALO BEN É O QUE QUEREMOS SEN MOLESTAR, SEN INTERESE BOA XENTE CASE TODA TÓCALLE OUTRA E A BAILAR
5.
Cousa pouco seria. Son os Zënzar con Xenderal Todo vai ben ou todo vai mal!! Vou preparado, xa teño o control collo aire e encho o fol unha cita da que non podo pasar esta noite quedei con os padriños do “rocanrol” collo o micro, teño que chegar vou para Meirama, xa vou por detrás non sei se vou cedo ou temos que esperar Ares atrancou no Xalo pero xa mandou un “wasap” son horas, horas de arrincar o Reverendo xa cargou no material co metrónomo o Manolo ponnos a andar que con tanto conto imos chegar para o final Xa chega esa tropa dende a Cochikeira son anos de rimar e bourar creo que a cousa antes non era tan seria agora tampouco, non vaiades pensar. Son os Zënzar con Xenderal Todo vai ben ou todo vai mal!! Ritmo vocal e voz rasgada xuntamos a xente do rock e do ragga os que beben a morro e a chorro cos que fuman do carolo que sacaron da planta as tribos urbanas que naceron na cidade e transmiten os contos da rúa , cos que collen o sacho un día tras doutro e non pensan en máis leria que a súa Despois de 25 e aínda dándolle eu teño poucos máis e rimo dende onte a culpa foi de Leño e non sabes o porqué case me dá vergoña de non saber o que é! Non somos Pimpinela, non imos discutir hai máis xente na banda e terán algo que dicir aínda queda moito conto que contar e moito que aprender da tropa dos Zënzar. Porque seguen e danlle, bourando até a deshora aínda que todo vaia ben, mal; aínda que cheire ou chova sempre dando a cara van armala ben gorda. EI atentos ao atentado “medoambiental” EI Atentas ás manobras do capital EI cheiro de SOGAMA e fume da Central EI a resposta musical a todo ese mal. Quen defende, aprende e sente arredor toda esa forza en forma de canción da xente que berra por algo mellor a luita nas letras, o poder do son que digan despois que falta intención que non dan de si que din sempre que non que non poñen do seu que nunca teñen razón e que non sudan o calzón en cada actuación. Xa! Xa chega esa tropa dende a Cochikeira son anos de rimar e bourar creo que a cousa antes non era tan seria agora tampouco, non vaiades pensar. Son os Zënzar con Xenderal Sempre nos queda Portugal .
6.
Cortina 03:00
“CORTINA” QUE POUQUIÑO LLE PESA O PENSAMENTO A FARRUCO DE RÓLDA EL VAI E VÉN COMA LÉNGOA DO CAN OU COMO VENTO. QUÉIXASE E ASUBÍA, TÉN E NON TÉN. CATADE AS MANS QUE FIZO DEUS PARA ENCIÑOS, PRA RABÉLAS, GADAÑAS E GRAU D’OURO. OS PÉS CÉGOS BOURANDO NOS CAMIÑOS, A SOMBRA MOURA POL-O SUCO MOURO. DIANT’ÉL UNHA MULLER, DOCE FEITURA, E UN FILLO CRIADO, ÚNICA VITORIA. TRAS D’ÉL, FRAGAS ZUANDO, PAUS, LOUCURA, E MOZAS COMA ROSAS, LONGA HESTORIA ¡¡ EI, FARRUCO DA RÓLDA, DAME LUME. TERMA AÍNDA DA LUS QUE ANTRE NÓS ARDE. PRO NON ¡¡ NON TENTO MÁIS QUE PÉDRA E FUME, I-EN TODA COUSA SE METÉU A TARDE. N-ESA TARDE CARGADA DE LORBAGAS CREBÓUSE O FÍO. XA TRAS D’ÉL AS FRAGAS, PERDIDAS COMA OVELLAS, A ZUAR. TRAS D’ÉL, AI DEUS, A CASA I A MULLER. MORRÉU. OS BOIS VOLVERON A PACER, E TRAL-O ARADO AS PEGAS A BRINCAR.
7.
“A ÚLTIMA VIAXE” Traxe escuro, pano no peto sorriso de allo, gomina no pelo metido na caixa, todo é silencio agardo a viaxe, o gran momento péchase a tapa, prantos e lamentos sei de alguén, que estará contento terra por riba, flores do toxo dunha puta vez, atopei repouso Sigo adiante, son o Reverendo Levo moita presa, vou ao meu enterro Morrín na cama, foi de vello Dábame igual, estaba todo feito Moitos dixeron, que fun un cabrón Cos homes fun duro, non lles falta razón Vivín a vida, moitos praceres Demasiadas drogas, algunhas mulleres cando nacín, miña nai acertou Ten cara de anxo, será un cabrón Sigo adiante, son o Reverendo Levo moita presa, vou para o meu enterro
8.
“QUE DECEPCIÓN” QUE DECEPCION, QUE DECEPCIÓN EN CATRO ANOS, MESMA CANCIÓN QUE DECEPCIÓN, QUE DECEPCIÓN HIPOCRISÍA, PREVARICACIÓN QUEREN MATAR , A NOSA CULTURA A QUE NON CALA SABEMOS Ó QUE VAN MESMAS PROMESAS, MESMAS FACIANAS DOBRE MORAL PARAÍSO FISCAL QUE ENGANADOS ESTÁN, NÓS NON SOMOS OS DO CARTO QUE ENGANADOS ESTÁN , SOMOS OS DO CORAZÓN E NON PODERÁN CON NÓS, NON! QUE DECEPCIÓN, QUE DECEPCIÓN CANTO CHOURIZO , CANTO LAMBÓN QUE DECEPCIÓN, QUE DECEPCIÓN CANTO CHOURIZO , CANTO LAMBÓN Á NOSA COSTA QUEREN MANTER O SEU STATUS, O SEU PODER Á NOSA COSTA ENGORDAR AS SÚAS CONTAS, ONDE ESTARÁN ? MERCARON VOTOS, TAMÉN VONTADES GASTÁRON TODO, E AGORA QUE? QUE , QUE … QUE DECEPCIÓN, QUE DECEPCIÓN CANTO MAMÓN, CANTO CABRÓN QUE DECEPCIÓN, QUE DECEPCIÓN CANTO CHUPÓN, CANTO BORBÓN
9.
Adeus amigos 03:42
“ADEUS AMIGOS” NON SEI SE VOU A TEMPO OU AÍNDA É CEDO PERO VOU CONTENTO DURMÍN BEN POUCO APREVEITEI O TEMPO FIXEN MOITOS AMIGOS E SEMPRE APRENDÍN VOU SEN UN PESO NON DEBO NADA E NADA LEVO ADEUS AMIGOS, ADEUS PROCURADE SER BOS PROCUREI VENCER O MEDO A CONCIENCIA TRANQUILA ALGO ESCARALLADO POR VIVIR ÁS PRESAS PERO NON ME PESA NINGÚN CONSELLO EU DOU MIRA COMO CORRE O TEMPO GASTAR AS VIDAS PROCURAR AS RISAS CEIBE E CONTENTO ADEUS AMIGOS, ADEUS PROCURADE SER BOS
10.
“SEMPRE NO CORAZÓN” Coma a espuma do mar atravesaches océanos para poder chegar a entrar no meu fogar Coma unha flor tropical que se tivo que adaptar ós duros invernos ó retrouso galego Atrás quedaron os anos os malos momentos coa mochila cargada de pensamentos Errando no camiño costa máis chegar escoitando os consellos chegarás igual Pediches unha irmá e púxenme a traballar puxen tanto empeño que conseguín apuntar Cando nos coñecemos mirachesme os ollos a primeira muller que me fixo chorar Que avería fixeron para que poideras chegar a este fodido mundo conseguiches entrar Ó pouco tempo botaches a andar no primeiro concerto a raíña do bar Sempre no corazón
11.
Non 02:25
“NON” Si dixese que si, Que todo está moi ben, Que o mundo está moi bon, Que cada quén e quén… Conformidade. Ademiración. Calar, calar, calar, E moita precaución PERO NON, NON , NON Si dixese que acaso As cousas son así, Porque sí, Veleí, E non lle demos voltas. si aquil está enriba i aquil outro debaixo É por culpa da vida. Si algunos, van de porta en porta Cun saco de cinza ás costas É por que son unhos docas. PERO NON, NON, NON Si dixera que sí… Entón sería o intre De falar seriamente Da batalla das froles Nas festas do patrón. PERO NON, NON , NON

about

Despois de adicar o 2014 a compoñer e grabar os temas do seu novo disco no estudio Escola da rúa de Carballo, baixo a co-producción de Javier Abreu e con Manolo Dourado de axudante, buscando un son mais cercano a os directos grabando todos ao vivo…

Despois de Presentar a finais de outubro o video-clip CORTINA como adianto do novo traballo, con texto de Xosé M. Diaz Castro,

Despois de recibir no 2013 en pleno ensaio un disco homenaxe. Titulado, “VAI POLOS PADRIÑOS, TRIBUTO AOS 25 ANOS DE ZËNZAR”, 19 pezas re-interpretadas por 18 grupos galegos. Entre eles Ruxe Ruxe, Dios Ke Te Crew, Machina, Os Tres Trebóns, Invivo, Som Do Galpom, Raiba, K-Raxe, Compañía do Ruido... A banda de Cerceda , pioneira no rock en galego e hoxe a decana das bandas do país, quere presentarvos o seu novo traballo de estudio, o décimo en total, acompañados por amigos que os acompañan ao vivo nos seus concertos : Xosé M. Ares á gaita, e Xenderal (Gende Beat) á voz e beat box. , colaboracións reflexadas no novo disco e consolidadas nos directos. tamén colaboraron: Vituco Neira voz , Miguel Duarte guitarra e Xan ao saxo , todos de Ruxe Ruxe

Once temas , potentes, cún son á altura da traxectoria do grupo… Camiñando entre serpes , Non, Tira pa diante, Cousa pouco seria, Nada que perder, Ultima viaxe, Adios amigos…son algún dos títulos

credits

released May 4, 2015

license

tags

about

Zënzar Meirama, Spain

“Camiñando entre serpes”

novo disco grabado no estudio Escola da rúa de Carballo, décimo en total, con co-producción de Javier Abreu e con M. Dourado de axudante.

colaboraron: Vituco Neira voz, Miguel Duarte guitarra e Xan ao saxo, todos eles de Ruxe Ruxe, e tamén Xosé M. Ares á gaita, Gende Beat á voz e beat box.

Once temas, potentes, cún son á altura da traxectoria do grupo.
... more

contact / help

Contact Zënzar

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Zënzar, you may also like: