/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

      €1 EUR  or more

     

lyrics

“CORTINA”

QUE POUQUIÑO LLE PESA O PENSAMENTO
A FARRUCO DE RÓLDA EL VAI E VÉN
COMA LÉNGOA DO CAN OU COMO VENTO.
QUÉIXASE E ASUBÍA, TÉN E NON TÉN.

CATADE AS MANS QUE FIZO DEUS PARA ENCIÑOS,
PRA RABÉLAS, GADAÑAS E GRAU D’OURO.
OS PÉS CÉGOS BOURANDO NOS CAMIÑOS,
A SOMBRA MOURA POL-O SUCO MOURO.

DIANT’ÉL UNHA MULLER, DOCE FEITURA,
E UN FILLO CRIADO, ÚNICA VITORIA.
TRAS D’ÉL, FRAGAS ZUANDO, PAUS, LOUCURA,
E MOZAS COMA ROSAS, LONGA HESTORIA ¡¡

EI, FARRUCO DA RÓLDA, DAME LUME.
TERMA AÍNDA DA LUS QUE ANTRE NÓS ARDE.
PRO NON ¡¡ NON TENTO MÁIS QUE PÉDRA E FUME,
I-EN TODA COUSA SE METÉU A TARDE.

N-ESA TARDE CARGADA DE LORBAGAS
CREBÓUSE O FÍO. XA TRAS D’ÉL AS FRAGAS,
PERDIDAS COMA OVELLAS, A ZUAR.
TRAS D’ÉL, AI DEUS, A CASA I A MULLER.
MORRÉU. OS BOIS VOLVERON A PACER,
E TRAL-O ARADO AS PEGAS A BRINCAR.

credits

from Camiñando entre serpes, released May 4, 2015
Adaptación dún poema de Xosé M. Diaz Castro

tags

license

about

Zënzar Meirama, Spain

“Camiñando entre serpes”

novo disco grabado no estudio Escola da rúa de Carballo, décimo en total, con co-producción de Javier Abreu e con M. Dourado de axudante.

colaboraron: Vituco Neira voz, Miguel Duarte guitarra e Xan ao saxo, todos eles de Ruxe Ruxe, e tamén Xosé M. Ares á gaita, Gende Beat á voz e beat box.

Once temas, potentes, cún son á altura da traxectoria do grupo.
... more

contact / help

Contact Zënzar

Streaming and
Download help