We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Cousa pouco seria

from Cami​ñ​ando entre serpes by Zënzar

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €1 EUR  or more

     

lyrics

Cousa pouco seria.

Son os Zënzar con Xenderal
Todo vai ben ou todo vai mal!!

Vou preparado, xa teño o control
collo aire e encho o fol
unha cita da que non podo pasar
esta noite quedei con os padriños do “rocanrol”
collo o micro, teño que chegar
vou para Meirama, xa vou por detrás
non sei se vou cedo ou temos que esperar
Ares atrancou no Xalo pero xa mandou un “wasap”
son horas, horas de arrincar
o Reverendo xa cargou no material
co metrónomo o Manolo ponnos a andar
que con tanto conto imos chegar para o final
Xa chega esa tropa dende a Cochikeira
son anos de rimar e bourar
creo que a cousa antes non era tan seria
agora tampouco, non vaiades pensar.

Son os Zënzar con Xenderal
Todo vai ben ou todo vai mal!!

Ritmo vocal e voz rasgada xuntamos a xente do rock e do ragga
os que beben a morro e a chorro cos que fuman do carolo que sacaron da planta
as tribos urbanas que naceron na cidade e transmiten os contos da rúa ,
cos que collen o sacho un día tras doutro e non pensan en máis leria que a súa
Despois de 25 e aínda dándolle
eu teño poucos máis e rimo dende onte
a culpa foi de Leño e non sabes o porqué
case me dá vergoña de non saber o que é!
Non somos Pimpinela, non imos discutir
hai máis xente na banda e terán algo que dicir
aínda queda moito conto que contar
e moito que aprender da tropa dos Zënzar.
Porque seguen e danlle, bourando até a deshora
aínda que todo vaia ben, mal; aínda que cheire ou chova
sempre dando a cara van armala ben gorda.
EI
atentos ao atentado “medoambiental”
EI
Atentas ás manobras do capital
EI
cheiro de SOGAMA e fume da Central
EI
a resposta musical a todo ese mal.

Quen defende, aprende e sente arredor
toda esa forza en forma de canción
da xente que berra por algo mellor
a luita nas letras, o poder do son
que digan despois que falta intención
que non dan de si
que din sempre que non
que non poñen do seu
que nunca teñen razón
e que non sudan o calzón en cada actuación. Xa!
Xa chega esa tropa dende a Cochikeira
son anos de rimar e bourar
creo que a cousa antes non era tan seria
agora tampouco, non vaiades pensar.

Son os Zënzar con Xenderal
Sempre nos queda Portugal .

credits

from Cami​ñ​ando entre serpes, released May 4, 2015
O Mexicano, Xenderal.

license

tags

about

Zënzar Meirama, Spain

“Camiñando entre serpes”

novo disco grabado no estudio Escola da rúa de Carballo, décimo en total, con co-producción de Javier Abreu e con M. Dourado de axudante.

colaboraron: Vituco Neira voz, Miguel Duarte guitarra e Xan ao saxo, todos eles de Ruxe Ruxe, e tamén Xosé M. Ares á gaita, Gende Beat á voz e beat box.

Once temas, potentes, cún son á altura da traxectoria do grupo.
... more

contact / help

Contact Zënzar

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Zënzar, you may also like: