1. |
A xente fala
03:10
|
|||
“A XENTE FALA”
A xente fala. Que será de ti?
Vas quedar na casa como sigas así
A xente fala, non sabe o que dicir
distinta, diferente, hai xente para todo
Pasan os anos, caladas, submisas
Non consintas, non permitas
O teu corpo, os teus dereitos
Que Ninguén DECIDA POR TI!
A xente mola, aínda que estea tola
Hai quen debe e hai quen bebe
Hai quen bebe porque debe
e logo tamén deben o que beben
A xente fala, a xente cala
Hai xente mala, que fala por falar
leriando, enredando, wasapeando
sen rumbo fixo, COMA O VENTO!
A xente fala, a xente cala
xa estamos fartas, de pagar
xa estamos fartas de apandar
seremos clandestinas. Nunca máis!
|
||||
2. |
Camiñando entre serpes
05:12
|
|||
“CAMINHANDO ENTRE SERPES”
FUN PASTO DE ANIMAIS FÓRA ALMA
CAÍN RENDIDO DESANGRADO SOBRE A PEDRA
FUN FERIDO POR BALAS E FRECHAS
FUN AFOGADO POR CORDAS E PALABRAS
CAÍN, ERGUINME
MORRÍN E AMEITE
CAÍN, ERGUINME
VIVÍN E AMEITE
FUN FENDA EN LENHA QUE ARDE
ALIMENTEIME SÓ DE AUGA E AIRE
MATEI PANTASMAS DE ESTACAS E CRUCES
ESQUECÍN O NORTE CAMINHANDO, CAMINHANDO ENTRE SERPES
CAÍN, ERGUINME
MORRÍN E AMEITE
CAÍN, ERGUINME
VIVÍN E AMEITE
ROUBEI FROITA DE PROHIBIDAS MACEIRAS
CANTEI CANCIÓNS SONHANDO CON ESTRELAS
TOQUEI PUNK ROCK DE ARÍNS A CERCEDA
RESUCITEI CADA NOITE, BAIXANDO A ESCALEIRA
CAÍN, ERGUINME
MORRÍN E AMEITE
CAÍN, ERGUINME
VIVÍN E AMEITE
|
||||
3. |
Nada que perder
04:08
|
|||
“NADA QUE PERDER”
VINTE CAMIÑAR SOBRE AS ONDAS DO MAR
SEMPRE TES CONSELLOS PARA QUEN QUEIRA ESCOITAR
VIN COMO VOLVÍAS, EN TRES DIAS DA MORTE
COMO TE AFASTABAS, DOS QUE TE QUERÍAN,
VINTE RESPONDER, LOITAR, REACCIONAR
MOTIVANDO ÓS MORTOS A PODER ESPERTAR,
VIN COMO TE ENFRONTABAS ÓS SERVOS DO PODER,
PARA QUE DUNHA VEZ, DEIXARAN DE FODER!
NON TEÑO NADA QUE PERDER
NON TEÑO NADA, QUE PERDER
NON MIRES ATRÁS, LEVA O BO CONTIGO
PEDRAS NO CAMIÑO DENDE RAPARIGO,
DEIXARSE LEVAR NON É BOA IDEA
REMATARÁS BAILANDO COA MAIS FEA
FAITE RESPECTAR, TES QUE LEMBRARTE
QUEN DORME CON NENOS, MEXADO ESPERTARÁ
NON HAI CARTOS, NON HAI TRABALLO
TES GANAS DE MANDAR TODO PARA O CARALLO!
NON TEÑO NADA QUE PERDER
NON TEÑO NADA, QUE PERDER
|
||||
4. |
Tira para diante
03:15
|
|||
“TIRA PARA DIANTE”
ATÉ QUE O CORPO AGUANTE
TIRA PARA DIANTE
ATÉ QUE O CORPO AGUANTE
TIRA PARA DIANTE
MALIA QUE A XENTE SE ESPANTE
TIRA PARA DIANTE
CANTAS NOITES A SUDAR
MOITA XENTE Á QUE LEMBRAR
E CAMIÑO POR ANDAR
RESPECTADE SEMPRE ÓS DEMÁIS
BERRAR CONTRA A INXUSTIZA
TROPEZAR NA MESMA PEDRA
SUBIMOS E BAIXAMOS
AÍNDA NON CANSAMOS
ATÉ QUE O CORPO AGUANTE
TIRA PARA DIANTE
ATÉ QUE O CORPO AGUANTE
TIRA PARA DIANTE
MALIA QUE A XENTE SE ESPANTE
TIRA PARA DIANTE
AXITANDO A CONCIENCIA
MOLLADOS EN SUOR
A ALMA VENDIDA AO DEMO,
O DEMO DO ROCKANROLL
PASALO BEN É O QUE QUEREMOS
SEN MOLESTAR, SEN INTERESE
BOA XENTE CASE TODA
TÓCALLE OUTRA E A BAILAR
|
||||
5. |
Cousa pouco seria
02:43
|
|||
Cousa pouco seria.
Son os Zënzar con Xenderal
Todo vai ben ou todo vai mal!!
Vou preparado, xa teño o control
collo aire e encho o fol
unha cita da que non podo pasar
esta noite quedei con os padriños do “rocanrol”
collo o micro, teño que chegar
vou para Meirama, xa vou por detrás
non sei se vou cedo ou temos que esperar
Ares atrancou no Xalo pero xa mandou un “wasap”
son horas, horas de arrincar
o Reverendo xa cargou no material
co metrónomo o Manolo ponnos a andar
que con tanto conto imos chegar para o final
Xa chega esa tropa dende a Cochikeira
son anos de rimar e bourar
creo que a cousa antes non era tan seria
agora tampouco, non vaiades pensar.
Son os Zënzar con Xenderal
Todo vai ben ou todo vai mal!!
Ritmo vocal e voz rasgada xuntamos a xente do rock e do ragga
os que beben a morro e a chorro cos que fuman do carolo que sacaron da planta
as tribos urbanas que naceron na cidade e transmiten os contos da rúa ,
cos que collen o sacho un día tras doutro e non pensan en máis leria que a súa
Despois de 25 e aínda dándolle
eu teño poucos máis e rimo dende onte
a culpa foi de Leño e non sabes o porqué
case me dá vergoña de non saber o que é!
Non somos Pimpinela, non imos discutir
hai máis xente na banda e terán algo que dicir
aínda queda moito conto que contar
e moito que aprender da tropa dos Zënzar.
Porque seguen e danlle, bourando até a deshora
aínda que todo vaia ben, mal; aínda que cheire ou chova
sempre dando a cara van armala ben gorda.
EI
atentos ao atentado “medoambiental”
EI
Atentas ás manobras do capital
EI
cheiro de SOGAMA e fume da Central
EI
a resposta musical a todo ese mal.
Quen defende, aprende e sente arredor
toda esa forza en forma de canción
da xente que berra por algo mellor
a luita nas letras, o poder do son
que digan despois que falta intención
que non dan de si
que din sempre que non
que non poñen do seu
que nunca teñen razón
e que non sudan o calzón en cada actuación. Xa!
Xa chega esa tropa dende a Cochikeira
son anos de rimar e bourar
creo que a cousa antes non era tan seria
agora tampouco, non vaiades pensar.
Son os Zënzar con Xenderal
Sempre nos queda Portugal .
|
||||
6. |
Cortina
03:00
|
|||
“CORTINA”
QUE POUQUIÑO LLE PESA O PENSAMENTO
A FARRUCO DE RÓLDA EL VAI E VÉN
COMA LÉNGOA DO CAN OU COMO VENTO.
QUÉIXASE E ASUBÍA, TÉN E NON TÉN.
CATADE AS MANS QUE FIZO DEUS PARA ENCIÑOS,
PRA RABÉLAS, GADAÑAS E GRAU D’OURO.
OS PÉS CÉGOS BOURANDO NOS CAMIÑOS,
A SOMBRA MOURA POL-O SUCO MOURO.
DIANT’ÉL UNHA MULLER, DOCE FEITURA,
E UN FILLO CRIADO, ÚNICA VITORIA.
TRAS D’ÉL, FRAGAS ZUANDO, PAUS, LOUCURA,
E MOZAS COMA ROSAS, LONGA HESTORIA ¡¡
EI, FARRUCO DA RÓLDA, DAME LUME.
TERMA AÍNDA DA LUS QUE ANTRE NÓS ARDE.
PRO NON ¡¡ NON TENTO MÁIS QUE PÉDRA E FUME,
I-EN TODA COUSA SE METÉU A TARDE.
N-ESA TARDE CARGADA DE LORBAGAS
CREBÓUSE O FÍO. XA TRAS D’ÉL AS FRAGAS,
PERDIDAS COMA OVELLAS, A ZUAR.
TRAS D’ÉL, AI DEUS, A CASA I A MULLER.
MORRÉU. OS BOIS VOLVERON A PACER,
E TRAL-O ARADO AS PEGAS A BRINCAR.
|
||||
7. |
Última viaxe
03:27
|
|||
“A ÚLTIMA VIAXE”
Traxe escuro, pano no peto
sorriso de allo, gomina no pelo
metido na caixa, todo é silencio
agardo a viaxe, o gran momento
péchase a tapa, prantos e lamentos
sei de alguén, que estará contento
terra por riba, flores do toxo
dunha puta vez, atopei repouso
Sigo adiante, son o Reverendo
Levo moita presa, vou ao meu enterro
Morrín na cama, foi de vello
Dábame igual, estaba todo feito
Moitos dixeron, que fun un cabrón
Cos homes fun duro, non lles falta razón
Vivín a vida, moitos praceres
Demasiadas drogas, algunhas mulleres
cando nacín, miña nai acertou
Ten cara de anxo, será un cabrón
Sigo adiante, son o Reverendo
Levo moita presa, vou para o meu enterro
|
||||
8. |
Que decepción
03:28
|
|||
“QUE DECEPCIÓN”
QUE DECEPCION, QUE DECEPCIÓN
EN CATRO ANOS, MESMA CANCIÓN
QUE DECEPCIÓN, QUE DECEPCIÓN
HIPOCRISÍA, PREVARICACIÓN
QUEREN MATAR , A NOSA CULTURA
A QUE NON CALA
SABEMOS Ó QUE VAN
MESMAS PROMESAS, MESMAS FACIANAS
DOBRE MORAL
PARAÍSO FISCAL
QUE ENGANADOS ESTÁN, NÓS NON SOMOS OS DO CARTO
QUE ENGANADOS ESTÁN , SOMOS OS DO CORAZÓN
E NON PODERÁN CON NÓS, NON!
QUE DECEPCIÓN, QUE DECEPCIÓN
CANTO CHOURIZO , CANTO LAMBÓN
QUE DECEPCIÓN, QUE DECEPCIÓN
CANTO CHOURIZO , CANTO LAMBÓN
Á NOSA COSTA QUEREN MANTER
O SEU STATUS, O SEU PODER
Á NOSA COSTA ENGORDAR
AS SÚAS CONTAS, ONDE ESTARÁN ?
MERCARON VOTOS, TAMÉN VONTADES
GASTÁRON TODO, E AGORA QUE? QUE , QUE …
QUE DECEPCIÓN, QUE DECEPCIÓN
CANTO MAMÓN, CANTO CABRÓN
QUE DECEPCIÓN, QUE DECEPCIÓN
CANTO CHUPÓN, CANTO BORBÓN
|
||||
9. |
Adeus amigos
03:42
|
|||
“ADEUS AMIGOS”
NON SEI SE VOU A TEMPO
OU AÍNDA É CEDO
PERO VOU CONTENTO
DURMÍN BEN POUCO
APREVEITEI O TEMPO
FIXEN MOITOS AMIGOS
E SEMPRE APRENDÍN
VOU SEN UN PESO
NON DEBO NADA
E NADA LEVO
ADEUS AMIGOS, ADEUS
PROCURADE SER BOS
PROCUREI VENCER O MEDO
A CONCIENCIA TRANQUILA
ALGO ESCARALLADO
POR VIVIR ÁS PRESAS
PERO NON ME PESA
NINGÚN CONSELLO EU DOU
MIRA COMO CORRE O TEMPO
GASTAR AS VIDAS
PROCURAR AS RISAS
CEIBE E CONTENTO
ADEUS AMIGOS, ADEUS
PROCURADE SER BOS
|
||||
10. |
Sempre no corazón
04:32
|
|||
“SEMPRE NO CORAZÓN”
Coma a espuma do mar
atravesaches océanos
para poder chegar
a entrar no meu fogar
Coma unha flor tropical
que se tivo que adaptar
ós duros invernos
ó retrouso galego
Atrás quedaron os anos
os malos momentos
coa mochila cargada
de pensamentos
Errando no camiño
costa máis chegar
escoitando os consellos
chegarás igual
Pediches unha irmá
e púxenme a traballar
puxen tanto empeño
que conseguín apuntar
Cando nos coñecemos
mirachesme os ollos
a primeira muller
que me fixo chorar
Que avería fixeron
para que poideras chegar
a este fodido mundo
conseguiches entrar
Ó pouco tempo
botaches a andar
no primeiro concerto
a raíña do bar
Sempre no corazón
|
||||
11. |
Non
02:25
|
|||
“NON”
Si dixese que si,
Que todo está moi ben,
Que o mundo está moi bon,
Que cada quén e quén…
Conformidade.
Ademiración.
Calar, calar, calar,
E moita precaución
PERO NON, NON , NON
Si dixese que acaso
As cousas son así,
Porque sí,
Veleí,
E non lle demos voltas.
si aquil está enriba
i aquil outro debaixo
É por culpa da vida.
Si algunos, van de porta en porta
Cun saco de cinza ás costas
É por que son unhos docas.
PERO NON, NON, NON
Si dixera que sí…
Entón sería o intre
De falar seriamente
Da batalla das froles
Nas festas do patrón.
PERO NON, NON , NON
|
Zënzar Meirama, Spain
“Camiñando entre serpes”
novo disco grabado no estudio Escola da rúa de Carballo,
décimo en total, con co-producción de Javier Abreu e con M. Dourado de axudante.
colaboraron: Vituco Neira voz, Miguel Duarte guitarra e Xan ao saxo, todos eles de Ruxe Ruxe, e tamén Xosé M. Ares á gaita, Gende Beat á voz e beat box.
Once temas, potentes, cún son á altura da traxectoria do grupo.
... more
Streaming and Download help
If you like Zënzar, you may also like: